Música e memes

Un concerto divulgativo que rompe as fronteiras entre a clásica e o mundo actual.

O concerto

Música e memes pretende atender a un deber inherente a todo intérprete de música clásica:
reivindicar o valor deste xénero na actualidade.

Esta proposta busca rexeitar todos os prexuízos que o rodean e achegarse ao público dunha forma orixinal e innovadora:

con memes!

Partindo da base dunha rigorosa investigación semiótica, o público explora o sentido musical a través da súa asociación con memes da internet. Este discurso actualizado ao s. XXI combínase coa interacción co público que, mediante os seus móbiles, participa de maneira activa no que sucede no escenario.

Tras o espectáculo, a reflexión: é a música clásica un xénero tan afastado do mundo actual?

O trío


Este trío xorde dunha profunda amizade. Os tres, nacidos en Lugo, compartimos vivencias e educación musical no mesmo Conservatorio Profesional.

O noso primeiro traballo xuntos remóntase a 2014-2015, e, a partir de entón, as interaccións musicais foron continuadas. Esta proposta pretende dar solución ás inquedanzas sobre as que levamos conversando case 8 anos, creando para iso un espazo orixinal e innovador onde comunicarse co público e desenvolverse interpretativamente.

Nós

Andrea

Andrea

Piano

Diego

Diego

Viola

Marcos

Marcos

Clarinete

Próximos eventos

28/10/2022 - Jalgi! Voz

Lugar/hora: Teatro Jesús Ibañez de Matauco, 19:30h

29/10/2022 - Jalgi! Voz

Lugar/hora: Casa de Cultura de Urkabustaiz, 20:00h

Referencias

Contacto